parallax background

Sobre o Concello

Concello de Vilardevós

Sobre o Concello


No sudeste da provincia de Ourense encontrase o Concello de Vilardevós, pertenecente á comarca de Verín, a súa orografía é a propia de zona montañosa, destacando o accidente xeográfico da Serra de Penas Ceibes, e ocupa unha superficie de 152,7 kilómetros cuadrados, distribuida en trece parroquias.

A paixase caracterízase por unha sucesión de vales profundos e estreitos.

O clima representa un matiz continental, de invernos frios con medias moi baixas.

A rede fluvial articulase ó caron das cuncas do río Támega e o río Mente depedentes do Duero.

A actualización do censo de poboación, por unha banda, fai que Vilardevós se manteña por encima dos tres mil habitantes –exactamente 3075- e por outra banda, que é o terceiro concello das comarcas de Monterrei e As Frieiras, superado únicamente por Verín e Monterrei, e por delante de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Oimbra, Riós, A Gudiña e A Mezquita.

Osoño é a parroquia con maior número de veciños. Entre O Hospital, Bustelo, A Devesa, A Bemposta, A Veiga das Meás e Osoño suman 450 persoas, Outras parroquias como Vilardevós, Arzádegos, Berrande e Terroso superan ampliamente os 300 habitantes, en tanto que Santa María, Vilarello e Enxames se situan a continuación con máis de 200 habitantes, cifra que casi acada Vilar de Cervos. A parroquia con menos poboación é a de Feilas, no lugar de Fumaces e A Trepa, con so 77 veciños, a mitade dos veciños de Soutochao e Moialde. O núcleo con maior número de veciños é San Miguel de Vilardevós, a capital do municipio con 333 habitantes. Con estes datos cabe significar que Vilardevós perdeu a 189 persoas desde o censo de 1991.

Vilardevós non é unha excepción no descenso demográfico que rexistran os municipios do Val do Támega e da Comarca de Monterrei. O noso concello que a principos de século cun censo de poboación de 4.695 persoas, llegou a ter 6.645 en 1950, cifra que se mantivo unha década máis tarde para descender notablemente a partires de 1970. O censo dese ano rexistrou a 6.125 habitantes, pasando a 5.694 en 1.981. Dez anos despois, en 1991 a poboación descendeu a 3.257 habitantes, cantidade que na práctica se manten inalterable, segundo o último padrón.