Saúdo da Alcaldesa
Concello de Vilardevós
Saúda: Eva María Pérez Gamote
Un concello tan amplo e coa poboación tan dispersa como o noso dificulta moitas veces a comunicación dos veciños cos seus representantes e viceversa. a pesar do esforzo diario que facemos por estar cerca das inquedanzas da nosa xente e por resolve-los seus problemas, non sempre é posible consegui-lo. Para favorecer ese diálogo, o concello de vilardevós pon en marcha a partir de agora unha canle innovadora de comunicación, que agardo non sexa só do ente municipal cos habitantes, senón tamén á inversa.
Queremos que estean enterados de que o concello fai por eles, dos servicios que lles presta, das obras que están en marcha ou xestionadas, en suma, das iniciativas que van a incidir de forma moi directa na mellora da súa calidade de vida.
A traves desta páxina oficial do concello de vilardevós, ademáis de desexarlles a todos, en nome da corporación municipal, o mellor, quixera ilusionar á nosa xente con proxectos importantes, que poden aportar importantes beneficios para o concello de Vilardevós, en aspectos como o turismo rural, a promoción de emprego e a comercialización da artesanías e dos productos da terra.
Tamén damos conta da recuperación do entorno paisaxístico de a cidadella, de servicios municipais e noticias de interese para moitos.
Coidamos que este novo medio de comunicación sexa do seu agrado, ó tempo que reiteramo-la nosa disposición a seguir loitando día a día, codo con codo, para que tódolos veciños melloren a súa calidade de vida.
Eva María Pérez Gamote