Llega 700
05/09/2024Furgoteca setembro 2024
11/09/2024Desde APE Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha o programa ADAPTA LOCAL, un programa co obxectivo de incentivar o consumo nos negocios locais de Galicia de xeito sustentable e competitivo, así como impulsar a comercialización do produto galego.
Con ese fin esta acción combinará formación presencial e telemática destinada a propostas do comercio local e rural galego co foco posto nas iniciativas innovadoras que potencien a comercialización do produto galego.
Entre os contidos que se abordarán nas formacións deste programa están os relacionados coa transformación dixital, como a venda online e a xestión das redes sociais.
Tamén cuestións que teñen que ver coa atención ao cliente, as tendencias de comercio, as finanzas e xestión de inventarios, a economía circular e o compromiso social.
Este proxecto desenvolverase en varias comarcas galegas, que son Chantada, O Barco de Valdeorras, Ribadeo, Verín, Sarria, Ferrol, Tui e O Carballiño.
Os negocios interesados en participar poden inscribirse na seguinte ligazón.