Las castañas estallan por los cuatro puntos cardinales de la provincia
08/02/2019O Plan Provincial 2019, destinará máis de medio millón de euros ao Concello de Vilardevós
- O Concello de Vilardevós inclúe no Plan Provincial para o ano 2019, a segunda fase da reforma e mellora da estrada de Florderrey a Terroso
- 500.000 euros irán destinados á rehabilitación integral da «OU 1006, Vilarello- Vilardevós», principal vía de comunicación do concello
Vilardevós, 15 de xaneiro de 2019
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publicou, o sábado 5 de xaneiro, o Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal, que comprende as obras municipais e a rede viaria provincial da Deputación de Ourense.
O Concello de Vilardevós contará cunha inversión de case 600.000 euros, dos cales, 78.750 irán destinados á reforma e mellora da estrada Florderrey- Terroso. O Concello xa incluíu a primeira fase desta reforma no programa de actuacións do exercicio 2018, e actualmente se atopa en fase de inicio de licitación. Agora, coa inclusión da segunda fase realizarase unha actuación integral, cunha inversión total de 157.500 euros.
Esta reforma se suma ás melloras en camiños e estradas de titularidade pública que implican a transformación e modernización de infraestruturas clave no concello, incidindo en aqueles puntos cunha maior confluencia de tráfico rodado e reforzando a seguridade vial nos accesos aos principais núcleos de poboación.
Reforma integral da OU 1006, Vilarello- Vilardevós
O «Acondicionamento e mellora integral na OU 1006 Vilarello- Vilardevós» inclúese no Plan Provincial 2019, cunha inversión de medio millón de euros, o que implica a consignación orzamentaria necesaria para iniciar o proxecto, cuxa contratación e realización será levada a cabo pola institución provincial.
A estrada OU 1006, é unha das principais vías de comunicación de Vilardevós, ao conectar 5 das maiores poboacións do concello coma Terroso, Arzádegos, Florderei, Enxames e Vilarello, ademáis de ser acceso a Verín e, incluso, conexión con Portugal. Esta estrada, que da servicio a máis de 800 veciños e veciñas, será agora rehabilitada no marco do programa dos Plans Provinciais
O alcalde, Manuel Cardoso amósase «satisfeito polo traballo realizado e o compromiso da Deputación Provincial co Concello de Vilardevós» sinalando que «esta inversión implica unha mellora moi importante na accesibilidade e seguridade vial aos núcleos principais do concello, e revirte nunha mellora das condicións dos accesos para os veciños e veciñas de Vilardevós», e «expresar o noso agradecemento á Deputación pola súa implicación co noso concello e por atender ás nosas necesidades».